O CONDADO DURRIENSE.
In tempore sevorum, ano 569.
Corre o século VI cando aparecen as primeiras noticias escritas sobre esta zona, estamos no que se denomina idade escura, existe unha ausencia case total de documentación escrita desa época. E o tempo onde se desenrolan as lendas Artúricas, e os Saxóns, na futura Inglaterra. Na que posteriormente será Francia a morte de Clotario I volven as guerras civís entre francos, francos contra burgundios, despois de derrotar e expulsar os seus veciños visigodos. Roma fai poucos anos que se derrubou comezando a idade media ou medieval, estamos no que se chama o século de Bizancio. Europa está dividida en pequenos reinos xermánicos en constante loita. O primeiro deses reinos en constituírse, foi o reino Suevo na Gallaecia.
Os Suevos, penetran en Galicia sobre o ano 409 e aséntanse primeiramente nos arredores de Braga (hoxe Portugal), antiga capital da provincia da Gallaecia. A zona central o igual que o norte da actual Galicia permanece ocupada inicialmente polos Vándalos Asdingios, ata que estes marchan para África xuntamente con Vándalos e Alanos. No ano 461 ocupan Lugo en plena guerra civil sueva, e a súa vez son empuxados polos Visigodos dende o Sur. Teoricamente e unha época marcada pola violencia e a pillaxe. A pesares dun comezo tumultuoso, o reinado suevo, o primeiro reino de Europa despois dos romanos, ten un marcado carácter pacífico, establécense como agricultores e respectan a situación sociopolítica que atopan na Galicia, respectan a relixión e a poboación local.
No ano 559 o rei Teodomiro (559 – 570) e as clases dirixentes convértense a o catolicismo, converténdose no primeiro reino bárbaro en adoptar a relixión cristián e onde a poboación local e a xermana gozan de iguais privilexios, creando unha forte cohesión interna. O gran protagonista desta conversión o catolicismo e San Martiño de Dúmio, orixinario da Pannonia (Iugoslavia) baixo poder bizantino. Bizancio nesa época esta no seu máximo esplendor e este ocupa tamén boa parte do sur da península ibérica, quedando no medio os Visigodos, inimigos dos Suevos, creando así unha especie de alianza.
E un tempo no que en Galicia están mesturadas a cultura indíxena galaica coa romana, e na que se están integrando esas novas xentes chegadas de lonxe. Existen moitos núcleos de poboación, algúns castros seguen ocupados e outros debido a inseguridade da invasión xermana volven a ocuparse aínda que sexa temporalmente, os “vici” asentamentos secundarios de orixe romano dos que parten moitas das nosas aldeas, un grupo de casas nun espazo aberto sen fortificar, próximos as vías e camiños e que tiñan certa utilidade política e administrativa, moitos son provintes do abandono dos castros, asentándose no seu redor. As “villae”ou vilas, son asentamentos agropecuarios normalmente illados de orixe romano, teñen unha gran extensión constando de unha parte para os donos ricamente decorada contando con termas, calefacción (hipocaustro), mosaicos, etc., dispoñen dunha zona para os traballadores, e outra zona de explotación, cortes, recintos, e terras. Están en mans de ricos terratenentes de orixe romano ou galaico, no segundo caso mostra a aculturación dos dirixentes galaicos, os donos habitaban nelas coa súa familia ou vivían na cidade e se desprazaban ocasionalmente a elas. Estas Vilas terían cada vez mais poder e a carón de algunha delas comezaría a formarse os feudos e a sociedade feudal.
Unha destas villae ou vilas estaba situada en Monterroso, en Seteigrexas, o pé do castro no campo de Caracacho. Aínda hoxe se atopan numerosos restos de construcións romanos incluíndo un miliario dedicado a Caracalla, esta vila foi documentada por Acuña Castroviejo e outros. Outra vila aínda que non documentada estivo posiblemente situada en Dorra, Antas de Ulla.
En xuño do ano 569 redactase en Lugo por mandato do rei Teodomiro un documento coñecido como “parroquial suevo” ou “Divisio Theodomiri”. Nel noméanse as sedes episcopais existentes, xunguidas as dúas provincias eclesiásticas Lugo e Braga incluíndo as principais igrexas dependentes delas. O Priscilianismo, o autentico inimigo do cristianismo oficial, perde ante a unión da igrexa- estado que se crea no reino Suevo.
Este documento foi de dubidosa credibilidade durante moitos anos, pero hoxe xa non se dubida del, a lo menos do nome dos lugares nel indicados, recoñecese que pode ter algún engadido posterior, do século XI ou XII, no referido os condados indicados na sede Lucense, cando existía unha autentica febre acaparadora de terras por parte da igrexa.
Neste documento no que aparece por primeira vez o nome destas terras, enuméranse as sedes episcopais e as súas principais igrexas:.
I.Cathedram Bracarensem. II. I. Ad sedem Portugalensem. III. Ad Lamecum ipsem Lamecum. IV. Ad Conimbricensem Conembrica. V. Ad Viseum Viseo. VI. Ad Dumio familia Suevorum. VII. Ad Egitaniensem tota Egitania.
VIII. 1. Ad Lucensem Luco civitas cum adjacentia sua quam tenent comites undecim, una cum: (Lugo coas súas adxacentes, que ten os once Condados, xuntamente con) 2 Carioca (Quiroga) 3 Sevios (Pol) 4 Cavarcos (Barreiros) os condados serían: Montenigro, Parraga, Latra, Azumara, Segios, Tria vada, Pogonti, Salvaterra, Monteroso, Doria (Dorra), Deza, Colea. (1)
(1) Jose Miguel Novo. Seminario estudos Mindoniensis 27. España Sagrada. Martín Fernandez Calo. Casa da eirexe. Anales do reino de Galicia. …
Moi interesante e importante falar dunha época tan esquecida
Gracias
Non podemos esquecer a nosa historia nin as nosas raíces. Por eso son tan importantes estos traballos. Enhoraboa
O noso pasado nace nun punto pequeno. Moitas gracias