¿Seteigrexas ou Satrexas?

Seteigrexas e o nome dunha parroquia do concello de Monterroso. Pegada a capital do concello. E o primeiro lugar da comarca que perde o seu nome, un nome usado durante centos de anos e cambiado por outro que a comisión de toponimia de a Xunta de Galicia decidiu  sin que sepamos sobre que argumentos baseou a sua decisión. Agora chamanlle Satrexas.

Escribe Nicandro Ares Vázquez na revista Lucensia nº 21, 2000

“A Comisión de Toponimia manda escribir agora Satrexas o nome desta parroquia e dunha aldea dela, que ata hai pouco se chamou Seteiglesias.  Nun doc.. do ano 939, cítase villa que vocitant Nuvellua in territorio Septem Eglesias (CDF 4; Hispania, 8, 1948, doc.. 7);  noutro de 1022 figura unha villa Sampiri, in territorio Septem Ecclesiarum, subtus Monterroso (TACS 63);   en 1260 trátase dunha hereditatem de VII Ecclesiis; en 1269 noméase un caualeiro de Sete Yglesias, e en 1377 Sancta Eufemeea de Sete Iglesias (CDV 32, 41, 85). Por etimoloxía popular dicíase septem ecclesias ‘sete igrexas’, pero tamén puido ser saepta/septa ecclesiae ‘recintos cercados da igrexa’ (MLLM).”

CDF = M. A. Rey Castiñeira, Coleccion Diplomatica del Monasterio de Santa María de Ferreira de Pallares (898-1300). Universidad de Cranada 1982 (Inédita).

TACS = M. Lucas Álvarez, Tumbo A de la Catedral de Santiago, Santiago 1999

CDV = J.L. Novo Cazon , El Priorato santiaguista de Vilar de Donas en la Edad Media

( 1194 -1500). Colección Diplomática,  Coruña 1986.

MLLM = JF Niermeyer , Mediae latinitatis lexicun minus, Leiden 1997

A xente da zona di que o nome de Seteigrexas provén de que dende a cima do Castro vense as sete igrexas de sete Parroquias veciñas.

O numero sete e numero máxico ou polo menos moi socorrido na antigüidade. Parece que se compón do número sagrado -3- que representa a divinidade, o ceo, a perfección e o numero -4- que representa a terra cos seus catro elementos, terra, auga, lume e aire. Si sumamos 3+4 danos o numero 7 que representa a totalidade do universo.

A Lúa cambia de fase cada sete días e son sete os días da semana. As sete igrexas do apocalipse. Os sete planetas da antigüidade nos que entraban tamén o Sol e a Lúa.  Os sete xinetes da Apocalipse. Os sete pecados capitais.  Deus creou o mundo en sete días e o sétimo descansou.  Sete anos de vacas fracas e outros sete de vacas gordas, a luz ten sete cores e sete notas ten a música, etc, etc…

Pertencendo Seteigrexas a tan selecto grupo non hai razón para sacala del.

Seteigrexas ten suficiente pasado para votar a voar a imaxinación:

  • O Castro de Seteigrexas, un dos bos Castros da Comarca.
  • Restos do que puido ser unha vila romana.
  • O miliario de Seteigrexas, dedicado a Caracalla (211-217), indicativo da existencia dunha vía romana.
  • A posible emprazamento do mítico Castelo de Monterroso.
  • O nome da santa da Parroquia, Santa Eufemia, e unha Santa moi antiga, mártir e virxe,  (289 – 304), que desois de morta tomou partido en contra dos “hereticos” monofisistas (451).
  • A maiores sempre foi un importante cruzamento camiñeiro, a ela chegaban os camiños do norte, provintes  de Lugo, Novelúa,  Ligonde,  os do Leste que viñan da zoa de Portomarín,  despois de cruzar a Vacaloura.  Dende aquí saían e entraban cara todos os lados.

A igrexa que algo nos podría decir sobre o pasado do pobo, data de 1876, pero constando no seu libro de fabrica que se derrubou a antiga igrexa e fíxose outra aproximadamente no seu lugar e que sen contar o campanario a sacristia e a sopena, custou 3.332 reás e medio.

En resumo un lugar dunha gran beleza e unha gran historia que aínda está por descubrir.

Nunha próxima entrada toca falar do Castro de Seteigrexas, posicionado entre os grandes Castros da Ulloa.

Share this...
Share on Facebook
Facebook
5 3 votos
Calificación del artículo
guest
0 Commentarios
Comentarios en línea
Ver todos os comentarios

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
0
Me encantaría conocer tu opinión, comentax
()
x