No Concello de Antas de Ulla, dominando visualmente as ricas terras de Santiago de Dorra, sede do antigo «Comitatus Durriense», dominando o paso do Ulla pola Ponte Pedriña, o outro paso da Ponte de Ribadulla, os camiños que veñen de Vilapoupre e Alvidrón despois de pasar a Pontemercé, en contacto visual co Castro de Aboi e a terra de Senande, atópase o Castro dos Carreiros.
Debido o continuo poboamento dos seus arredores e as estradas, o antigo poboado atópase moi desfigurado, sen que hoxe podamos facernos unha idea do que foi cando estaba habitado.
I – LOCALIZACIÓN.
Nome do Xacemento: Castro dos Carreiros
Lugar: Os Carreiros Parroquia:. Santiago de Dorra
Coordenadas: Latit. N. : 42º 47’ 17’’ Lonx. W.: 7º 51’ 51’’
UTM:. X-592.897 m Y- 4.737.916
Mapa Topográfico nº.: 122 (A Golada)
Altitude: 534 m.
Superficie: Croa: 4.000 m2 Total: 9.500 m2 (Aprox.)
II – EMPRAZAMENTO.
Tipo: Ladeira
Accesos: Situado a beira da estrada de Antas a Monterroso na Aldea dos Carreiros, a estrada fai unha forte curva rodeando as ladeiras do Castro antes de baixar ata a Ponte Pedriña e cruzar o río Ulla.
Abastecemento de auga: O río Ulla a 500 m. aprox., fontes nas inmediacións.
Panorámica: A visibilidade en xeral agás polo S-O é moi boa, divisándose case todo o Concello de Monterroso e algo de Palas. Por exemplo vense: Castro de Aboi, Salgueiros, Seteigrexas, Sambreixo, Sirgal, Cercio, Novelúa, Dorra, … , Monte Farelo. As terras de labrado tamén quedan baixo control.
Zona cultivable nun radio de 1 Km.: 100 %
Castro mais próximo: Castro de Dorra: 1100 m. Castro de Aboi 1250 m.
Núcleo de poboación mais próximo: Os Carreiros: 20 m.
III – DESCRICIÓN.
Configuración: Situado nunha pequena ladeira formada pola Dorsal antes de romper o chegar o río Ulla, sitúase o Castro dos Carreiros que se encontra pegado o pobo e case formando parte del e situándose ambos case no mesmo plano. A seu recinto está dedicado a terreo de labrado. Debido o traballo da terra e as inmediacións das casas, o recinto atopase en bastante mal estado de conservación.
Medida dos eixes:
Croa: N-S: 82 m., E-O: 60 m.
Antecastro: N-S: 132 m., E-O: 60 m.
Entradas: Non se aprecian vestixios de entradas orixinais.
Vexetación: Dedicado dende tempo inmemorial a diversos cultivos, Hoxe parte del esta con Xestas, cultivos e unha recente plantación de Piñeiros.
Propiedade: Privada
IV – DEFENSAS: Excepto a parte S-O, o resto do recinto ten unha forte pendente. O terraplén da zona Sur está case desaparecido por unha explanación agrícola. Non existen restos de parapetos interiores. A parte S-O a mais desprotexida, queda mais elevada, o que poría ser os restos dunha forte muralla de terra, un camiño mais fondo que o terreo circundante e que pasa a beira da muralla, poría ser o foxo.
Pola zona Norte a estrada nacional Vegadeo – Pontevedra rodea o Castro e atravesa o que parece ser un antecastro, bastante desfigurado por esto e a existencia de algunha construcción.
V – ACHADOS: Na primeira construcción da estrada apareceu un pequeno Oso de bronce que se atopa no Museo Provincial de Lugo. Durante as labores agrícolas era frecuente atopar cerámica, Muíños redondos, Pías de pedra de diversos tamaños que algunhas se empregaron como bebedeiros, e pedras ben feitas. Comentase que as dúas columnas de pedra ( 1,5 m alto e uns 25 cm. de diámetro) que se atopan na entrada da igrexa de Dorra, tamén se atoparon no Castro.
VI -ESCAVACIÓNS: O realizar as ultimas obras de ampliación e reformada da estrada nacional Vegadeo – Pontevedra, víronse obrigados a realizar unhas catas de urxencia na zona na zona do antecastro, deixando o descuberto restos de edificacións. Respecto o conxunto non se coñecen escavacións oficiais.
VII – FOLCLORE: Aí viviron os Mouros. Os Mouros vivían baixo terra.
Boas
Como me podo facer co estudio arqueológico deste castro?
Non o sei. E algo común, fanse as escavacións e logo non se publican os resultados.