San Xusto de Repostería atópase no concello de Palas de Rei. Na antiga “Terra da Repostería” que abarcaba varias parroquias. No ano 1216 un documento reflectido no libro de J. L. Novo Cazón “El priorato santiaguista de Vilar de Donas” páx. 205 “Eu Aras Pérez, notario publico del Rey na Repostería e en Reboredo que ui carta del Rey don Alfonso de León y de Galicia …”
A palabra Repostería ou Rapostaría nada ten que ver con facer pasteis ou onde comían os peregrinos, esta última coméntase referíndose a un camiño hipotético. Non teño coñecementos do tema, pero de ser algo simple sería máis ben segundo o seu significado más antigo facía referencia a unha despensa de pequeno tamaño. O reposteiro maior do rei era o oficial da Casa real encargado, durante a Baixa Idade Media, do reposto ou depósito onde, en arcóns ou cofres, gardábanse os obxectos persoais do rei xunto con tódolos aqueles que este lle entregara para que os vixiara. (Wiktionnarie).
I – LOCALIZACIÓN.
Nome do Xacemento: Castro de San Xusto, O Castro, A Cubela
Lugar: San Xusto de Repostería.
Parroquia:. San Xusto de Repostería
Coordenadas:
Latit. N. : 42º 50’ 39’’ Lonx. W.: 7º 54’ 19’’
UTM: X: 589.460 Y: 4.744.080
Mapa Topográfico nº.: 96 (Arzúa) 1:10000: Folla 96 – 2 4
Altitude: 552 m.
Superficie: Croa. 5.437 m2.
II – EMPRAZAMENTO.
Tipo: Outeiro.
Accesos: Dende Palas cara Monterroso e logo torcer a dereita cara Albá, Chorexe, e no cruce de Boa Vista torcer a dereita cara o Coto, o primeiro pobo e Santo Xusto e o outeiro que atopamos á dereita pegado as casas e a estrada, e o castro.
Abastecemento de auga: Fontes. Actualmente segue habendo unha fonte no medio do castro.
Panorámica: Boa.
Zona cultivable nun radio de 1 Km.: 90 %
Castro mais próximo: Castromaior: 1 Km., Castro de Gontá: 2,4 Km.
Núcleo de poboación máis próximo: San Xusto de Repostería: 100 m.
III – DESCRICIÓN.
Configuración: Nunha paisaxe onde destacan os outeiros e as chairas con praderías, sobre un pequeno outeiro aséntase o castro con dominio absoluto sobre a aldea e o contorno. No interior do recinto existe unha forte depresión central que posiblemente fora unha canteira nuns penedos case centrais a que se accede por un profundo corte na muralla (oeste).
Medida dos eixes:
N – S : 97 m.
E – O : 81 m.
Entradas: Aínda que chama a atención un profundo corte na muralla no lado oeste, non existen indicios de que esta fora unha entrada orixinal, posiblemente a saída dunha canteira nesa zona.
Vexetación: Horta, labradío e monte baixo. Moito arborado.
Propiedade: Privada
IV – DEFENSAS: Todo o recinto está rodeado por unha muralla aterraplenada que unida ás fortes pendentes do outeiro constitúen unha magnífica defensa, agás no lado S-E onde o desnivel e menor e por onde sube un camiño oblicuo á muralla, e onde se atopa o arranque do que podía ser unha segunda muralla en dirección norte. No semicírculo E-S-O intúese os restos de un foxo con parapeto exterior, ou restos de un desaparecido antecastro. A altura da muralla que chega a ter no oeste uns 15 metros de altura e forte desnivel, complementase con un parapeto interior duns 2 m. de altura por uns 3 m de base.
V – ACHADOS: Non se atopa cerámica en superficie.
VII – FOLCLORE: Na cubela viviron os mouros.