Castro Cercio

O Castro Cercio. ¿Fogar dun príncipe galaico?

Este magnifico castro atópase na parroquia San Cristovo de Novelúa, pertencente o concello de Monterroso

As súas coordenadas son:

Latit. N. : 42º 49’ 33’’   Lonx. W.: 7º 47’ 05”

UTM:  X-599.349 m     Y- 4.742.192 m

Castro de tipo esporón. Atópase nun pequeno outeiro situado no punto onde a ladeira do Monte Trascastro pertencente a Serra de Pol e o final desta, cae sobre Novelúa facendo unha lingua. A serra de Pol e un afloramento lonxitudinal de cuarcitas que se estende varios kms., morrendo no castro. Na zona inmediata o castro deben existir vetas de ferro debido a que no inverno as escorrentas dos camiños baixan con ferruxe.

Mapa 1:10.000

              O seu recinto, debido as súas dimensións é a súa altura, 650 m., divísase dende case todo o Concello de Monterroso e o de Antas, presentando un aspecto formidable.

Un muro interior separa a croa en dúas metades. Fai anos que non se pode subir o seu interior e polo tanto e difícil saber si e unha muralla orixinal ou un muro feito despois con restos das pedras das construcións

A a unha distancia de 700 metros atópase o castro de Novelúa. Na súa cima está a igrexa de Novelúa, nomeada no testamento de Odoario do seculo VII. A 2.100 metros atópase tamén o Castro de Salgueiros

Croquis

Medida dos eixes:

                            N – S :   121 m. (Croa) + 15 m (foxos) + 25 m (esporón)  =  161 metros.

                            E – O :   180 m. (Croa) + 15 m. + 30 m. (foxos) = 225 metros.

Superficie: 

                            Croa: 16000 m2  (1,60 Ha). Total: Croa + Foxo: 21100 m2

DEFENSAS:

Típicas dun Castro de cima de ladeira. Agás polo Leste que é a zona de unión á Serra, todo o seu perímetro está rodeado dunha forte pendente onde as defensas non son moi complexas. Un gran foxo con parapeto exterior, bordéao dende o Leste-Sur-Oeste, estando a súa posible entrada orixinal nun espigón, que asoma no medio desta parte do castro mirando o Sur, ou na parte Leste deste saínte, xa que se forma unha fonda gabia.

Muralla e foxo Leste. Unión coa serra

 A Croa está rodeada dunha forte muralla de uns 7 metros de ancho e cunha altura media de 3 metros dende o seu interior. A altura da muralla pola parte E-W e aproximadamente duns 10 metros dende o foxo, a parte que vai do E-N-W , o foxo está moi cegado pero aínda se aprecia, a pendente e altura da muralla son considerábeis.

   Pola parte que o Castro se une a Serra de Pol, debido a que o nivel do chan e menor, unha forte muralla (terraplén) de maior anchura únese a dous foxos separados entre si uns 8 metros, sendo o mais ancho e profundo o inmediato o Castro, duns 8 metros de ancho e 2 de fondo, o exterior e duns 5 metros de ancho por 1,5 metros de fondo.

Mapa de pendentes, Lidar

FOLCLORE:    Dende este Castro comunicábanse cos outros Castros da Comarca con sinais de fume ou con espellos, sobre todo co Castro de Aboi  en Antas de Ulla.

    Hai tres trabes, unha de alcatrán, unha de ouro, e outra de ferro que atravesan o Castro, polo que hai que ter moito coidado porque si se xuntan a trabe de alcatrán e a de ferro estoupa todo.

   Contan que un veciño dun pobo do lado  fíxose rico levando durante algún tempo a cea ás bruxas do Castro Cercio.

Foto aérea. Sixpac

   Algún veciño conta que os Mouros do Castro dedicábanse a roubar o gando e todo o que podían os pobos veciños.

A finais do século XVII atopouse unha lapida de pedra nas inmediacións da muralla de Lugo, a chamada “dos príncipes de Lugo”, datada por M. Fernández Calo posiblemente nos primeiros anos do primeiro século. A súa importancia está en so se atoparon tres inscricións de tales príncipes.

Según a tradución feita por Nicandro Ares (1)

             “Vecio, fillo de Verobio, príncipe da España Citerior no Castro Cercio, de 60 anos, e …  o, fillo de Vecio, príncipe dos Co… (Coporos), de … anos, aquí están sepultados; os herdeiros procuraron que se lles fixese o sepulcro”.

Don Nicandro Ares non duda en situar o Castro Cercio na nosa parroquia de Novelúa.

Martín Fernández Calo (2), comenta que “Malia o suxestivo de tal asociación, compre matizar a dificil conservación dun topónimo castrexo no mesmísimo Castro ao que tería referenciado.” E inclinase por Circes, Touro e Cercio, Lalín.

Muralla norte. ano 2001

A min persoalmente non me convence o seu razoamento para ignorar o Castro Cercio. Que coincida o nome non e excluinte.

Outra tradución foi proposta por F. Arias Vilas, P. le Roux e A. Tranoy, en Inscriptions Romaines de la Province de Lugo (París 1979), n.º 34, na cal non contemplaban a existencia de un castro.

(1) Ares Vázquez, Nicandro: “Os Cóporos do Castro Cercio e os Susarros indíxenas en dúas inscricións”   Lucensia, nº 5, Lugo, 1992 

(2) Martín Fernández Calo. “Callaici princeps: Os soberanos da Galiza castrexa” 2020

Share this...
Share on facebook
Facebook
3 6 votos
Calificación del artículo
Subscribe
Notificar
guest

5 Commentarios
O mais antiguo
O mais novo Mais votado
Comentarios en línea
Ver todos os comentarios
Cristina Varela
Cristina Varela
2 anos ago

Que marabilla volver a ler algo teu sobre os castros da Ulloa!!! Encántame e sempre aprendo algo de ti. Unha gozada as fotos aéreas. Por certo, nuca subín a el para ver esas vistas das que falas.

Moitas grazas por compartir.

Isto lembroume que debo ir de novo ao meu blog aínda que so sexa para enlazar alí este.

(Por certo, tiven que enterarme do teu blog vía Barcelona. Xa ves as voltas que da o mundo.)

Comparto e difundo.

Teresa Vazquez
Teresa Vazquez
2 anos ago

Noraboa por iste traballo
( ainda non .me deu tempo acabar de velo todo) Pero sobre todo por Castro Cercio. Tan cerca e tan decoñecido… a min tocoume o corazón…meu pai era de Vilamaior (Novelúa) e admiraba ise Castro , moito nos faluo del, e xa de ben maior …un dia que viña de cazar por a zona, dixo… veño de despedirme..de Castro Cercio…e así foi….
Grazas.

Isabel Vázquez
Isabel Vázquez
2 anos ago
Responder a  Teresa Vazquez

Mi padre ,hermano del padre de Teresa ,también nos habló y nos habla a día de hoy De Castro Cercio y De la Fuente de San Antonio que se encontraba en su ladera y que de pequeños iban allí a jugar, pues ellos eran de Villamayor en la parroquia de Novelua.
¿Podrá recuperarse algún día este yacimiento arqueológico ? ….?.??

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
5
0
Me encantaría conocer tu opinión, comentax