Aurela de Quindimil

No oeste de Palas de Rei, despois de desaparecer as costas do Careón o pasar o Castro de Ambreixo, ven unha zoa de pequenos outeiros rodeados de prados dando a sensación de unha chaira. Nun deses outeiros a unha altura de 553 m. levantase a Aurela de Quindimil, lugar admirado polos seus veciños. O nome Aurela e típico en Palas de Rei para denominar moitos Castros,  son 5 castros en total, o 20%, mentres que en Monterroso non hai ningún e en Antas de Ulla solo un se chama Aurela. 

No século XVI tiveron casa torre en Quindimil os Varela de Dubra, que viñan da Fortaleza de Ramil tamén en Palas e estaban emparentados con todos os potentados da zona.

Mapa Lidar. Xunta de Galicia

A Aurela fai unha triangulación de aproximadamente de 2 km co Castro de Ambreixo, dominando este dende a serra do Careón e coa Aurela de San Mamede do Carballal, quedando o recen nacido río Pambre no medio delas.

Mapa topografico Nacional. MTN25

E o Castro mais grande da Ulloa, con unha superficie de 22.100 m2 (2,1 Hectáreas), repartidas entre a Croa e antecastro separados estes por unha forte muralla aterraplenada.

11.  AURELA DE QUINDIMIL

I – LOCALIZACIÓN.

Nome do Xacemento:   A Aurela.  A Aurela de Quindimil

Lugar: Quindimil    Parroquia:. San Miguel de Quindimil.

Coordenadas:

   Latit. N. :  42º 53’ 54’’     Lonx. W.:  7º 53’ 09’’

   UTM:  X:  590.960     Y:    4.750.230

Mapa Topográfico nº.:   96 (Arzúa)      1:10000: Folla   96 – 3.4                  

Altitude:  553 m.

Superficie:   Croa: 15.100 m2.  Antecastro: 7.000 m2.  Total: 22.100 m2.             

II – EMPRAZAMENTO.

 Tipo:   Outeiro

 Accesos:    Saíndo de Palas cara a Melide pola N-547 collese unha desviación a dereita e a uns 3 Km atopamos Quindimil e a Aurela a esquerda.

Abastecemento de auga:  Fontes e algún regato nas inmediacións.

Panorámica:  Debido a súa posición dominante sobre un outeiro, a súa visibilidade é boa, non podendo concretar o alcance debido a arborado que cubre a muralla e as ladeiras.

Zona cultivable nun radio de 1 Km.:   100 %

Castro mais próximo:  Aurela de San Mamede do Carballal: 2 Km.  

Núcleo de poboación máis próximo:   Quindimil: 300 m. 

III – DESCRICIÓN.

Configuración:   Despois de romper as ladeiras do Careón na zona de Ambreixo, por onde discorre o Pambre, aparece unha zona de pequenos outeiros e praderías entre as que destaca o pequeno outeiro que repente aparece en medio dos prados e terras de labor. Con fortes pendentes agás polo Leste, que ten unha suave pero longa pendente. Todo o seu cumio está ocupado polo castro, incluíndo unha pequena terraza algo mais baixa na parte sur.

Medida dos eixes:   

     N – S :  Croa: 125 m. Antecastro: 57 m. Total: 182 m.

     E – O : Croa: 125 m.  Antecastro: 140 m.

Entradas:  Non se conservan entradas orixinais, sendo a actual na zona sur dende Quindimil.

Vexetación:  Prado, a muralla e ladeiras do castro con carballo, piñeiro e xestas.

Propiedade:  Privada.

IV – DEFENSAS:   Todo o recinto está rodeado por un foxo de uns 4 m. de ancho, con parapeto exterior de un metro de alto, que nalgúns tramos amosa un muro de pedra cara o exterior. Do foxo arrinca a muralla de uns 4 m de altura na zona leste, sendo mais alta noutros sectores. Un parapeto interior rodea todo o recinto con unha altura media de un metro agás no sur que alcanza os 3 m de altura, zona que separa a Croa e o antecastro e que atopamos a muralla mais forte, cos 3 m. do interior e uns 6 m. de alto no exterior, onde se estende o antecastro de uns 60 m de ancho e que esta delimitado por un pequeno parapeto e con unha caída exterior de uns 8 m. O foxo que ven rodeando a croa, fai un pequena illa triangular de terra de uns 6 m. o converterse en dobre foxo na unión do antecastro e a croa. A ladeira norte con forte pendente, atópanse dúas pequenas terrazas de uns 4 m de ancho.

V – ACHADOS:   Non se atopa cerámica en superficie.

VI -ESCAVACIÓNS:  Non se coñecen escavacións oficiais.

VII – FOLCLORE:  

VIII – BIBLIOGRAFÍA:   Martinez Barreiro M. C.:Notas para o estudio da cultura castrexa no alto Ulla: O concello de Palas de Rei. (Sen publicar). Giz Ramil, Julio. Palas de Rei, Regio Palacio.

Share this...
Share on facebook
Facebook
5 2 votos
Calificación del artículo
Subscribe
Notificar
guest

0 Commentarios
Comentarios en línea
Ver todos os comentarios

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
0
Me encantaría conocer tu opinión, comentax