Os camiños en Galicia ata entrado o século XX apenas existían. Eran simples carreiros para andar a pé ou a cabalo, salpicados por algúns camiños parroquiais onde andaba o carro. Camiños que segundo Frei Sarmiento “separaban mais que unían”.
No ano 1757 apuntaba Frei Martín Sarmiento dirixíndose a Fernando VI “A necesidade que hai en España de uns bos camiños reais e de a súa publica necesidade” (Seminario erudito, 1757). “Con un ancho fixo e ben delimitado” “Protexidos pola lei, que ninguén se apropie deles ou se cerren, baixo fortes condenas”. Segundo e e Lucas Labrada, a maior parte das pontes de Galicia estaban arruinadas.
O único camiño no itinerario de Villuga (1546) no Estado español referido a Galicia e o actualmente chamado camiño de Santiago, maioritariamente e un sendeiro de ferradura.
Lucas Labrada (1804) xa indica a necesidade de un camiño que comunique Lugo con Santiago pasando por Melide e Arzúa.
O tráfico de mercancías estaba en mans dos arrieiros, profesionais ou temporais, Habendo por exemplo nas nosas parroquias moitos agricultores que se dedicaban o transporte con mulas un ou varios meses o ano, (Catastro de Ensenada, 1750). Esta falta de camiños supoñía grandes problemas no comercio case inexistente a longas distancias.
Esta circunstancia obriga os galegos a celebrar gran cantidade de Feiras, para eliminar os seus poucos sobrantes e conseguir cousas necesarias ou un pouco de diñeiro para pagar impostos, etc. As grandes feiras de gando como a de Monterroso, acudían tratantes de Andalucía, Castela, Portugal, … Grandes recuas de Cabalos desprazábanse polos camiños.
En 1850 publicase a “Memoria sobre a necesidade de construír as estradas provinciais de Santiago a Ourense e a de Santiago a Lugo” Era vital dar unha saída os produtos do interior de Galicia.
Unha viaxe de Madrid a Coruña no ano 1750, necesitábanse 16 días, con unha media de 40 km diarios.
A estrada de Lugo a Santiago dende o ano 1846 ata o ano 1854, construíranse 36,8 Km, unha media de 4,8 Km ano. Acabábanse de facer as pontes de Meixaboi en Guntín.
A estrada As Ventas a Folgoso, o tramo As Ventas a Monterroso, segundo periódico “El lucense” de 1894 “El Ilmo director general de obras públicas, satisfaciendo los deseos de sus amigos de Monterroso, a dado ordenes a la jefatura de esta provincia para que se proceda al estudio de la carretera de Ventas de Narón a Folgoso, con su paso por Monterroso, Antas, Golada y Puente Taboada”.
Sábado 18 de outubro de 1902, queda exposto o publico o trazado da estrada.
En 1904 o goberno civil de Lugo ve necesario a ocupación de fincas en Monterroso para a construción da estrada.
O periódico lucense «La Idea Moderna» escribe o viernes 15 de octubre 1915: «Han terminado los trabajos en la carretera que conduce a Monterroso. El vecindario que con tanta ansiedad esperaba la construcción, está gestionando ahora con interés cerca del personal de obras públicas que esta vía quede abierta al transito con mayor brevedad, con el finde que pueda ser utilizada por el público para la próxima feria anual del día 1 de Noviembre. …»
- El atraso económico y el sistema de transporte en la Galicia del XIX. M. Jaime Barreiro
- Carreteras y territorio. Carlos Nardiz.
- Descripción economica del reino de Galicia. Lucas Labrada. 1804
- Imaxe principal: Sobrado. 1911-1912. Arquivo do Reino de Galicia.