Camiños dende Lugo

O Camiño Real.

Este camiño atravesa os concellos de Monterroso e Antas de Ulla de NO a SE.  Un dos seus orixes sería Lugo, a cidade máis antiga de Galicia. O camiño máis vello viría dende Guntín, pasando a Ponte Cabalar chegaría a Lousadela e iría ata Valdeporrás, de aí seguindo o “camiño real das Ventas”(fotos catastrales a partir do 56), pasando por debaixo (sur) de San Paio e deixando tamén a dereita Cómeas e Couso, chega ás Ventas de Narón polo norte ou NNE.

So tres dos dez mapas antigos consultados fan referencia a este camiño e lévano ata Nespereira e logo ás Ventas.

  • Carta Geométrica de Domingo Fontán. 1834
  • Lugo. Francisco Coello. 1864.
  • Mapa de Galicia, distrito militar. 1884.
Carta geométrica Galicia. 1834. CAMIÑO REAL Ventas – Esporiz

O mapa de Galicia distrito militar, correspóndese cos libros do “Itinerario descríptivo militar de España”, tomo VII, de 1866, onde se describen camiños importantes con gran precisión. Tamén aparecería no libro “Itinerarios de mil cuatrocientos treinta y cinco caminos”, de José Joaquín Pérez Rozas, ano de 1885, que sería unha versión alixeirada da anterior obra feita polo Ministerio de la Guerra.

Tanto o mapa do distrito militar como o libro “Itinerarios  de 1435 caminos”, son demasiado breves, liñas rectas e poucas indicacións. Un mapa pouco recoñecido e con gran información sería o de Claudio Coello

Ata ás Ventas o camiño e común co de Ourense, seguindo este cara a Pousada, Narón, Meixonfrio, Taboada… No medio das Ventas onde está un marco ou pedra coa cruz de tres brazos ou cruz de Nantes inscrita nela, crúzase neste punto con outro camiño real, o de Villaraso o chamado camiño de Santiago.

Mapa 2. Camiño entre Guntín e as Ventas de Narón

Pasando o campo das Ventas e dirixíndonos cara o sur ou SSO, a uns centos de metros, á dereita aparta outro camiño (hoxe tapado polas silvas) que se dirixe seguindo a faldra do monte  cara a Salgueiros. Indicado no mapa numero 3 como camiño A

Mapa 3. As dúas opcións, A en azul pola serra. B e verde polo val. En violeta os castros de Salgueiros, Cercio, Novelúa, Seteigrexas e Sirgal

Outra opción sería seguir o camiño de Santiago cara Palas e a un Km escaso outro camiño colle cara a esquerda e baixa tamén cara a Salgueiros. Dáse a coincidencia que nas inmediacións dese cruzamento atopábase un antigo hospital e igrexa, pertencente a Orde do Temple, Pena Godón. Hoxe desaparecido e con parte das súas pedras fíxose a capela das Ventas. Pasáronse anos en pleitos a Orde de San Xoán de Xerusalén e os Templarios pola posesión de dito Hospital.

Ó chegar a Parroquia de Salgueiros en concreto a Brixeo e Aldea de Abaixo, teríamos dúas alternativas, dirixirse a Salgueiros e seguir pola serra, por onde discorre hoxe a N-640, famoso despoboado, con néboas, neves, ladróns… Ou seguir dende a Aldea de Abaixo cara a Areosa ou cara a Mouronte (¿final do camiño dos Arrieiros?). este recorrido aínda que un pouco máis longo e coas costas de Aldea de Abaixo, este discorre polo Val, mais poboado e o resgardo do clima da serra da Vacaloura.

Salgueiros

O tramo da serra,  ven documentado nos límites de San Miguel de Penas, no Catastro do Marques da Ensenada, ano 1750, indica: “a la Portela de la sierra, que esta por arriba del riego de las forjas de allí al rego de Rezoas de allí a las mamoas que están en el camino que viene de Lugo y se dirije para Orense y Pontevedra”. Onde se atopa hoxe a prisión de Monterroso existían catro Mámoas, o camiño baixaba cara a Penas, traxecto derruído fai pouco para aplanar un prado. Logo de Penas iría o Vilar, Sandolfe, Seteigrexas e Monterroso. Aínda se conserva en cachos dende O Vilar paralelo a estrada N-640.

Camiño Real en Sandolfe

A outra alternativa que comentaba antes, en Salgueiros, era ir a Aldea de Abaixo e saír cara o Sur e logo SO en dirección Areosa e San Cristovo de Novelúa.

En Novelúa, a súa igrexa, xoia do románico, ven reflectida no testamento do bispo Odoario, no século VII, e esta atópase na cima do Castro de Novelúa. En Novelúa tiveron casa as Ordenes de San Xoán de Xerusalén e a Orde de Santiago.

En abril de 1764 na “Ejecutoria del pleito litigado por Tomás de Anguiano y Morillo, deán y canónigo de la catedral de Lugo,…”(contra a casa do Batán). Lese: “demarca por el norte con leira del precisado Francisco Vázquez de Tarrío, por el vendaval con Lamalonga y por el poniente con el camino real de Orense a Mondoñedo y leiras de dicho D. Juan Antonio” (PARES, archivos españoles.) Tamén nun mapa que A. Yebra de Ares publica no seu libro “Monterroso pasado y presente”, 1987. Propiedade da Casa Batán 1700, (Arquivo Catedral de Lugo). O lado do Pazo de Fontearcada (Novelúa) un camiño denominase: “Y para a la aldéa de Villamayor de Frades, prosigue a … (hai un cruce a Penas) y a la ciudad de Orense”.  Dende Vilamaior, (Vilamaior de Frades), sae un camiño en dirección Lavandelo, Igrexa e ponte, pero a súa vez saen camiños para a Ponte dos Carros, Leborei, Esteva, … O mesmo que antes na Areosa e Mouronte existen camiños que se reparten polo concello de Monterroso, onde moitos continúan a Palas de Rei e Antas de Ulla.

Seteigrexas . Unión dos camiños

Dende Lavandelo sigue a Arxona por un camiño o oeste e case paralelo a estrada actual, no centro de Arxona, hoxe no norte, únese o camiño de Esteba e que antes era o “camiño da Serra” e que ven da zona da Vacaloura, Serra de Pol, a outra variante do camiño real e de Castro de Soengas en Portomarín. Outro sae para a Ponte da Ponte dos Carros, (camiño dos Arrieiros). O camiño que traemos nos sigue para Santa María de Arada, tamén o oeste da estrada actual xuntándose con esta para cruzar o rego do Salgueiral. Dende Arada segue cara Seteigrexas, onde entra polo Leste no campo onde se xunta co camiño real que ven pola serra e seguen para Monterroso e para Sirgal.

Entrada en Monterroso. Foto aérea 1956

Share this...
Share on facebook
Facebook
5 2 votos
Calificación del artículo
Subscribe
Notificar
guest

3 Commentarios
O mais antiguo
O mais novo Mais votado
Comentarios en línea
Ver todos os comentarios
Laura Otero
Laura Otero
2 anos ago

Moi interesante e detallado, fareino en canto poida!!

Cristina Varela
Cristina Varela
2 anos ago

Que ben o dos mapas! Estaría xenial facelo dende Mouronte (encántame ese sitio) e estaba vendo no mapa que pos unión entre Mouronte e Tarrio, estaría na actual estrada??
Ti sabes moito de camiños, deberías publicar o teu estudio en papel. Bueno, eu xa me alegro de co publiques neste sitio teu, penso que sempre o importante e achegar o coñecemento e as vías son de menos.

Grazas sempre por compartir

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
3
0
Me encantaría conocer tu opinión, comentax