Camiño de A Golada 1

Monterroso – A Pedriña

Cando se fai ou se describe un camiño, estrada ou autovía, sempre se indica a súa orixe e o seu destino, exemplo: Madrid – A Coruña. Isto non se corresponde coa realidade porque agás os que rematan na costa, que xa non podes seguir da forma en que chegaches, todos os camiños empatan entre si facendo un bucle inmenso, e non teñen orixe nin fin, estas en Monterroso pero nun camiño que vai e nun camiño que volve. É só un nome.

Nos mapas dende o 1600 reflíctense dous camiños na comarca, o de Santiago a Castela, o que hoxe se considera camiño santo ou de peregrinación, ese por vir reflectido nos mapas e documentos e de sobra coñecido e estudado.

Eses dous camiños que comentaba son: o que partindo da Ponte Campaña en Palas se dirixe a Taboada e Monforte pasando por Monterroso e o que vindo de mais adiante desa zoa, en O Leboreiro, pasa por Pambre, Pidre , A Ponte Mercé, e expándese polo concello de Antas dirixíndose a Chantada, a Ventosa, a Vilariño, etc.

Como e característico das vías de comunicación galegas estas “vías principais” comunícanse con outras que poderíamos chamar “secundarias” creando unha tupida rede camiñeira onde case nada queda incomunicado. Ese era o sistema que o Padre Feijoo propoñía para os camiños da península antes que se impuxera o sistema radial.

O camiño que a que me estou a referir e o que actualmente ocupa o seu lugar a carreteira N- 640, Ribadeo – Pontevedra.

Seguindo o mapísimo de Fontán «A carta geometrica de Galicia» de 1834, vemos que de Monterroso – Esporiz sae un camiño cara a Ponte Pedriña, límite co concello de Antas.

Carta geometrica de Domingo Fontán. 1834

Outro mapa que reflicta este camiño é de Pascual Madoz,  Lugo (Provincia). Mapas generales 1864 Onde leva o camiño igual ata San Fiz de Amarante e logo dando curvas vai pasando o Farelo pola vertente norte, polo sur de San Martiño do Carrasco posiblemente onde se atopa San Tomé do Sumio e morre ahí, no mapa polo menos non se interpreta a continuación, metémonos na provincia de Pontevedra e os camiños non aparecen.

Lugo. 1864. Madoz, recorte Antas.

E temos tamén o ITINERARIO DESCRIPTIVO MILITAR DE ESPAÑA. Formado y publicada por el ministerio de la guerra. Con los datos recogidos sobre el campo. MADRID 1866.

Onde no itinerario nº 1372. “De Santiago a Esporiz por Puente Ledesma y Golada. 65 Km. (ferradura)” . describe o camiño que intento trazar.

Que curiosamente titula “De Santiago a Esporiz por Puente Ledesma y Golada”.

No ano 1874 o periodico coruñes “El Ejemplo” nunha especie de separata escribe: “6º De Santiago a Esporiz (termino municipal de Monterroso):comienza a la izquierda de la carretera de la Coruña a Orense, es de herradura, pero tiene algunos trozos transitables para carros del país, recorre un terreno ondulado y pedregoso pasando por Antas y atravesando el termino municipal de Monterroso”

Trazado do Camiño:  Tomando como punto de partida Monterroso partiría da zona Das Revoltas, nome camiñeiro que pode significar “curvas pechadas ou dar voltas”, ou “terreo de monte onde se sementa cereal” comeza e remata nesa zoa en curvas de 90º. Ademais deste que sube cara o Campo da Feira, outro camiño de difícil datación segue en dirección a Laxe, cara a Feiravella e tamén cara o camiño real de Lugo na zona de Seteigrexas.

Camiño real en azul e o sur en amarelo.

Deste cruzamento, hoxe na estrada que leva á zoa recreativa da Peneda, saen tamen dous posibles camiños, O camiño real que vai morrer Os Olmos na N-640,  con saídas laterais que levan a zona de Esporiz e outras que o comunican co camiño de abaixo.

Imos a seguir o camiño do norte ou camiño real, este vai ata Lamagrande por un tramo de recente urbanización, pero despois dun cruce que o comunica co de abaixo segue cara a Fontantón onde temos outro cruce. Según o periodico LA IDEA MODERNA de Lugo o Venres 5 de xuño de 1908 di: “Al regresar de la feria de Monterroso últimamente celebreda, la vecina de San Juán de Antas, Benita López Barreiro, que conducía un carro de bueyes, acompañada de su esposo, tuvo la desgracia de ser atrpellada, pasándole el carro cargado por encima. Tan desgraciado suceso ocurrió en el punto llamado Fuente Antón, de la parroquia de Esporiz, perteneciente al ayuntamiento de Monterroso.”  En 1908 estaba este camiño funcionando como principal comunicación.

Pasando por debaixo de Os Olmos vemos unha zoa con muros de moi boa construción e con beirarrúas. Únense nos Olmos a Estrada N-640 e un camiño que conduce a San Miguel de Esporiz. O camiño real seguía polo espazo hoxe ocupado pola estrada N-640 a Pontevedra.

Volvendo ás Revoltas o outro camiño que seguía cara o río Ulla e metíase nunha fonda corredoira, hoxe desaparecida, e moito tempo inutilizada, (servía como basureiro), esta corredoira chamada pola xente da zona de Aboi como “Corredoira vella dos maragatos”  conducía o camiño cara os muiños da Peneda e seguía o seu curso principal cara a Ponte Pedriña pasando por debaixo de Lama Grande, por debaixo de Fontantón ata chegar ó cruce da “Trasulla”. Nese punto á esquerda temos Porto Samil, pasadoiro de pedras sobre o Río Ulla e que nos levaría a Ourense (Ribeiro) tamén a zoa de Lalín (Pontevedra).

A dereita colleríamos cara a Bidouredo por onde pasaría o camiño de Taboada a San Xulián do Camiño. De frente imos en dirección a Ponte da Pedriña, onde atopamos outro camiño á dereita que leva tamén á zona de Bidouredo. A ponte cruza o río Ulla e separa Antas de Ulla de Monterroso.

Share this...
Share on facebook
Facebook
4.5 2 votos
Calificación del artículo
Subscribe
Notificar
guest

1 Commentario
O mais antiguo
O mais novo Mais votado
Comentarios en línea
Ver todos os comentarios
Cristina
Cristina
2 anos ago

Decididamente teño que poñerme a camiñar. Encántame o camiño. Gracias por compartir.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
1
0
Me encantaría conocer tu opinión, comentax